Pasar al contenido principal

USC e Concello acordan modificar a ordenanza que xestiona o alleamento na parcela de Galeras

Agustín Hernández e Juan Viaño asinando o protocolo
Agustín Hernández e Juan Viaño asinando o protocolo
Flexibilízanse a conservación integral do edificio e os usos secundarios

O reitor da USC, Juan Viaño, e o alcalde do Concello de Santiago, Agustín Hernández, asinaron este luns un protocolo que fixa as condicións de modificación da ordenanza OE-5 para xestionar o alleamento na parcela de titularidade universitaria do vello hospital provincial de Galeras. Así, flexibilízase a conservación integral do edificio mantendo a súa esencialidade tanto no relativo ás fachadas como á súa tipoloxía hospitalaria característica e á envolvente volumétrica que marca a altura das cornixas. Á vez permitirase o futuro uso terciario da parcela ademais do xa esencial residencial comunitario. Para o reitor, a venda do antigo hospital é “o primeiro paso” dunha serie de actuacións que permitirán construír “a universidade do século XXI”, comezando polo traslado da titulación de Odontoloxía –hoxe emprazada nun edificio propiedade do Concello– á Facultade de Medicina no curso 2016-2017. “Inícianse así distintas actuacións de organización do patrimonio universitario aprobadas na programación plurianual que pretenden a creación dunha nova facultade de Medicina na contorna do CHUS, a agrupación dos estudos de Ciencias da Educación e o traslado de Enfermaría”, explicou Viaño.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 09.02.2015.