Pasar al contenido principal

A doutora en Psicoloxía Mariana Martínez Berlanga diserta este mércores sobre o método Montessori en Profesorado

A doutora en Psicoloxía pola Universidade de California Mariana Martínez Berlanga, que se formou no método Montessori na Universidade de Perugia, ofrecerá este mércores, a partir das 13.00 horas, no salón de actos da Facultade de Formación de Profesorado, o relatorio ‘’De Montessori a Bowen: un camiño de aprendizaxe sobre a arte de educar e educarme’.

Martínez Berlanga afondará na súa intervención, especialmente dirixida a profesores e persoas interesadas no ámbito da educación, na escola e na familia como contextos nos que se impulsa a autonomía e a madurez emocional. Estes conceptos son tamén ideas centrais na teoría familiar sistémica de Bowen e, na opinión de Martínez Berlanga, resultan de vital importancia para coñecer e cultivar o desenvolvemento do ser humano.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 10.02.2015.