Pasar al contenido principal

O catedrático Guillermo Rojo presenta no Instituto Cervantes o Corpus de aprendices de español

O catedrático de Lingüística da USC Guillermo Rojo e o director do Instituto Cervantes, Víctor García de la Concha, presentan na mañá deste venres na sede central do Instituto en Madrid o Corpus de Aprendices de Español (CAES), unha ferramenta informática dirixida a quen traballe na ensinanza do español como lingua estranxeira.

O CAES, elaborado pola USC e o Instituto Cervantes e que contén miles de mostras de textos producidos por estudantes de español en todo o mundo, permitirá realizar investigación aplicada baseada en datos obxectivos e proporcionará información sobre dificultades de aprendizaxe, erros máis comúns ou vocabulario empregado que se poderá aplicar nas aulas ou integrar nos métodos de ensinanza.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 12.02.2015.