Pasar al contenido principal

O estudante Alberto Escobar, subcampión mundial de discursos en Colombia

Alberto Escobar alcanzou a final do concurso de discursos
Alberto Escobar alcanzou a final do concurso de discursos

O estudante de Dereito da USC e integrante do Club Debate Compostela (CDC) Alberto Escobar alcanzou a final da competición de discursos organizada no seo do Campionato Mundial Universitario de Debate en Español. O torneo, que acaba de cumprir a súa quinta edición, reuniu en Bogotá estudantes de máis de 50 universidades de vinte países de fala hispana arredor do debate e a oratoria. A final da competencia de discursos consistiu en elaborar nun curto espazo de tempo unhas pautas para a vida destinadas a un imaxinario fillo adolescente para expoñelas diante dun auditorio. Finalmente, o gañador foi o mexicano Diego Carreño. O Campionato Mundial Universitario de Debate en Español está considerada como a competición universitaria internacional de debate en español máis importante de Hispanoamérica.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 11.08.2015.