Pasar al contenido principal

2014 en Compostela, en 58 fotografías

Juan Viaño conversa con Xoán Soler diante da foto do momento da súa elección como reitor
Juan Viaño conversa con Xoán Soler diante da foto do momento da súa elección como reitor

Un total de 58 fotografías conforman a dezasete edición da mostra ‘Compostela, un ano de Voz’, cita anual obrigada na cidade e que pode visitarse no Colexio de Fonseca. Dende o propio relevo no goberno da Universidade compostelá ata os acontecidos na casa consistorial, pasando polas obras de rehabilitación da catedral, son algúns dos momentos importantes da actualidade local que reflectiron coas súas cámaras os profesionais de La Voz de Galicia Xoán Soler, Álvaro Ballesteros, Sandra Alonso e Merce Ares. A exposición inaugurouse este xoves nun acto presidido polo reitor Juan Viaño Rey e no que, ademais de Xoán Soler, interviñeron o director de La Voz de Galicia, Xosé Luis Vilela; o conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, e o alcalde de Santiago, Agustín Hernández . Asistiron tamén á apertura da mostra o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, e a secretaria xeral de Comunicación da Xunta de Galicia, Mar Sánchez.

A exposición permanecerá aberta ata o 31 de xaneiro, de luns a sábado, en horario de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.30 horas.

A inauguración presidiuna o reitor Juan Viaño

Los contenidos de esta página se actualizaron el 08.01.2015.