Unha tese da USC acada o Premio Nacional Literario Lingua Nai de Italia
A doutora en Teoría da literatura e literatura comparada Federica Angelini acaba de gañar o Premio Nacional Literario Lingua Nai de Italia pola súa tese ‘ Il pensiero nomade. Scrittrici migranti raccontano l’Italia multietnica’ que defendeu na Universidade de Santiago baixo a dirección do profesor de Literatura comparada da USC César Domínguez. Federica Angelini terá a oportunidade de presentar a vindeira semana o seu traballo na biblioteca da cidade italiana de Turín nun acto no que entablará un diálogo coa escritora, xornalista, tradutora e directora de cine Margherita Giacobino.
O certame diríxese a estudantado, persoal investigador e académico universitario que elixe como obxecto de investigación da súa tese a competencia en lingua materna. Trátase de ofrecer así unha oportunidade para o diálogo entre a universidade e o tecido da cidade a fin de profundar, cun novo enfoque científico, pouco convencional e inspirado no pensamento da diferenza sexual, no fenómeno da migración feminina.