Pasar al contenido principal

Novas perspectivas da educación musical e produción a pequena escala de enerxía renovable, próximas citas da Universidade de Verán

Novas perspectivas da educación musical e produción a pequena escala de enerxía renovable, próximas citas da Universidade de Verán
Novas perspectivas da educación musical e produción a pequena escala de enerxía renovable, próximas citas da Universidade de Verán

Música e educación: novas perspectivas para a educación musical do século XXI’ e ‘ Enerxías renovables: produción a pequena a escala’ son os dous próximos cursos da Universidade de Verán 2015 para os que se pechará o prazo de matrícula este venres 14. No primeiro caso, o curso sobre Música e educación o fin é coñecer as aplicacións educativo musicais en novos contextos, así como os novos proxectos de implicación da educación música como arma social, afondar nas novas metodoloxías didáctico musicais e nas novas ferramentas dixitais e compartir experiencias diversas dentro das diferentes institucións educativas. Celebrarase do día 20 ao 22 na Escola de Altos Estudos Musicais de Santiago cunha carga lectiva de 18 horas baixo a dirección de Mario Otero Diz e Sara Domínguez Lloria e con Pablo Sampedro na secretaría. Ademais dunha serie de relatorios e mesas redondas sobre o impacto social a través da educación musical, os novos consumidores da educación musical ou o ensino desta disciplina na ensinanza obrigatoria e nas escolas de música, o programa tamén contempla dous obradoiros prácticos sobre a estimulación nos bebés a través da música e a utilización da música en distintos contextos. Enxerías renovables Entre os luns 24 e o venres 28, o curso que avalía as a produción de enerxía a pequena escala a través de fontes renovables dará a coñecer aos asistentes unha idea xeral da situación actual do marco legal do autoconsumo e as subvencións ás que se pode optar. O conxunto de cuestións que se tratarán permitirá introducir tamén diferentes tipos de tecnoloxías de enerxías renovables para pequenas producións así coma distintos combustibles e permitirá expor diferentes ferramentas informáticas de dimensionado de pequenas instalacións. A utilización da biomasa, a xeotermia e solar térmica, son algunhas das renovables ás que se prestará atención a través dunha serie de intervencións enfocadas a cuestións prácticas. Ademais está programada diversas visitas a instalacións singulares como ao parque experimental de Sotavento e á planta de biogás de Abengoa. Próximos cursos Ao longo do mes de setembro, a programación da Universidade de Verán completará o seu ciclo de actividades coa celebración dun total de seis cursos máis, nos que aínda é posible formalizar a matrícula ata o 21 de agosto. Así, os cursos que se celebrarán son os de ‘ Enerxías renovables: produción a gran escala’, do 31 de agosto ao 4 de setembro; ‘ A prestación de servizos sanitarios ante os retos do século XXI’, entre o 1 e o 4 de setembro; ‘ Narrativas dixitais: novas formas de contar e informar’, previsto entre os días 1 e 5 de setembro; ‘ Contaminación lumínica: unha nova fronteira’, que se estenderá entre os días 2 e 4; ‘ A escola de onte, hoxe e mañá: 3 claves e 6 desafíos’, os días 3 e 4; e ‘ Intervencións asistidas con animais, aplicacións educativas e terapéuticas’, cuxo programa se desenvolverá o día 4 e o 5.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 13.08.2015.