Pasar al contenido principal

O reitor Juan Viaño asistiu á reunión do padroado da Rede de Universidades da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal

O reitor Juan Viaño asistiu á reunión do padroado da Rede de Universidades da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal
O reitor Juan Viaño asistiu á reunión do padroado da Rede de Universidades da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal
O programa Iacobus facilitou a mobilidade de 237 membros da comunidade académica

O reitor da USC, Juan Viaño, asistiu este xoves á xuntanza que o padroado do Centro de Estudios Eurorrexionais Galicia-Norte de Portugal (CEER) celebrou en Vigo e na que participaron tamén os reitores das restantes universidades públicas da Eurorrexión –Vigo, Coruña, Minho, Porto e Trás-os-Montes e Alto Douro– e o director e secretario xeral do CEER. Na reunión aprobouse o plan estratéxico da rede para os vindeiros cinco anos e que ten como misión fundamental contribuír á consolidación do espazo transfronteirizo da ensinanza superior e da investigación na Eurorrexión, promovendo a posta en marcha de titulacións conxuntas de formación e cotutelas en estudos de máster e doutoramento, a mobilidade da comunidade universitaria, o desenvolvemento de posgraos europeos de excelencia e a cooperación con terceiros países. Programa Iacobus Deuse ademais conta na xuntanza dos resultados da primeira e segunda convocatoria do programa Iacobus, que facilitou a mobilidade de 237 membros da comunidade académica da Eurorrexión no curso 2014-2015 cun orzamento de 244.000 euros. As persoas beneficiarias desta iniciativa gozaron dunha bolsa de axuda para unha estancia nun centro de formación superior ao outro lado da fronteira.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 09.04.2015.