Pasar al contenido principal

XIV campionato galego universitario de orientación este sábado no Pedroso

As tres universidades galegas celebran este sábado 11 no Monte Pedroso de Santiago a décimo cuarta edición do campionato galego universitario de orientación. A competición, na que poden participar todos os membros da comunidade universitaria, consiste nunha carreira a pé de distancia media, con visita obrigatoria aos controis. Comezará ás 10.30 horas e a entrega de trofeos está prevista para as 13.30 horas.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 10.04.2015.