A Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da USC plantará unha árbore no Bosque de Galicia
A Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da Universidade de Santiago de Compostela participará na construción do Bosque de Galicia plantando unha árbore no Gaiás este sábado 11 ás 10.00 horas. Trátase dunha iniciativa apoiada pola Fundación Cidade da Cultura e pola Fundación USC Deportiva coa que se pretende transmitir valores naturais, de conservación ambiental e hábitos de vida saudables.