Pasar al contenido principal

Campus Vida acolle ata o xoves o Plan para a Mocidade de Seguridade Vial de Michelín

O reitor Juan Viaño participou nas distintas actividades que se propoñen (Foto: SERVIMAV-USC)
O reitor Juan Viaño participou nas distintas actividades que se propoñen (Foto: SERVIMAV-USC)

A Universidade de Santiago de Compostela acolle ata este xoves 16 o Plan para a Mocidade de Seguridade Vial de Michelín, un proxecto co que se pretende fomentar a educación vial entre o alumnado universitario. A iniciativa inaugurárona este luns o reitor da USC, Juan Viaño Rey, o alcalde Agustín Hernández, e o director de Comunicación e RSC de Michelín, Félix Sanchidrián. Ata o xoves na Praza Rodríguez Cadarso estarán instaladas, de 10.00 a 18.00 horas, carpas con diferentes actividades como un test de condución, un simulador de tombo dun vehículo, gafas de simulación de consumo de alcohol, xogo do trivial, condución nunha pista de scalextric e xogos para aplicacións en dispositivos móbiles. Entre todos os estudantes que participen realizarase un sorteo do custe da matrícula universitaria deste curso (cun máximo de 2.000 euros). Este sorteo será ante notario a finais de maio entre o alumnado participante das Universidades de Santiago, Vigo, País Vasco e Zaragoza, onde tamén terá lugar esta actividade. A campaña, que comezou en novembro de 2013 e rematará este ano 2015 desenvólvese no ámbito das universidades cun obxectivo total de participación de máis de 20.000 mozos e mozas.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 13.04.2015.