Pasar al contenido principal

A Área de Deportes desenvolverá entre maio e xullo un programa específico de actividades de verán

A Área de Deportes desenvolverá entre maio e xullo un programa específico de actividades de verán
A Área de Deportes desenvolverá entre maio e xullo un programa específico de actividades de verán

Durante os meses de maio, xuño e xullo a Área de Deportes desenvolverá un calendario específico de actividades abertas para a comunidade universitaria –que xa pode formalizar a súa inscrición dende este mesmo luns 13- e tamén para o resto da cidadanía, tanto en Santiago como en Lugo, co único requisito de que sexan maiores de 14 anos. O vindeiro mes, o calendario programado para Compostela comezará coa escola de Zuma-Cardiodance e continuará coas de mellora da condición física e mantemento, do 18 de maio ao 30 de xuño. Tamén en maio e xuño as persoas interesadas poderán inscribirse en actividades combinadas de aerobic e step, GAP e tono, zumba-cardiodance e en defensa persoal e mellora da condición física feminina. Finalmente, e ao longo dos tres meses, existirá a posibilidade de realizar actividades de tai-chi, kung-fu, pilates, ximnasia terapéutica e ioga. Xa en xullo, están pendentes que se definan os prazos das escolas de natación e tenis, que se anunciarán oportunamente. Lugo No campus lugués as propostas abertas ao público interesado concentraranse nos meses de maio e xuño e contemplan ioga, pilates, ximnasia de mantemento, zumba-cardiodance, GAP e unha combinación de mantemento, aerobic e step. Tanto para Santiago como para Lugo, a inscrición en calquera das actividades deportivas propostas require a alta como usuarios de deportes das persoas interesadas. A inscrición na actividade realizarase nas instalacións da Piscina Universitaria de Compostela (1º Andar), nas da UXA na Biblioteca Intercentros de Lugo de 9.00 a 14.00 horas ou na web. Tamén se poderán realizar consultas informativas nos teléfonos 881 815 071 e 881 815 073, para Santiago e no 982 823 584 de Lugo.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 13.04.2015.