Pasar al contenido principal

Xornada de exaltación de gastronomía internacional na residencia universitaria Jesús Bal y Gay

Degustación de gastronomía internacional na residencia universitaria Bal y Gay
Degustación de gastronomía internacional na residencia universitaria Bal y Gay

Os estudantes internacionais que actualmente están aloxados na residencia universitaria Jesús Bal y Gay do campus de Lugo da USC celebraron unha xornada de exaltación de gastronomía internacional, no marco da que as persoas participantes tiveron a oportunidade de degustar pratos típicos de moi diversas localizacións, tales como arroz frito estilo tappanyaki, sopes, paella, ou mesmo a tradicional queimada galega. Esta actividade tivo como principais protagonistas aos preto de 20 estudantes de nacionalidades alleas á española que están residir na actualidade na ‘Bal e Gay’. Esta comunidade universitaria estranxeira está a ampliar a súa formación en distintos centros do campus de Lugo logo de recalar na USC a través de diferentes programas de mobilidade estudantil, tales como o son os convenios bilaterais, Erasmus ou Sicue. O colectivo de estudantes internacionais residentes este curso na ‘Bal y Gay’ represnta apenas un 12% do estudantado estranxeiro matriculado este curso nalgunha das titulacións impartidas no campus lugués, que acolle un total de 168 universitarios estranxeiros, un 13% máis que os 149 contabilizados no curso 2013-2014.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 17.04.2015.