Pasar al contenido principal

A delegación de ABC en Galicia conmemora cunha mostra en Fonseca os seus 20 anos de existencia

A delegación de ABC en Galicia conmemora cunha mostra en Fonseca os seus 20 anos de existencia
A delegación de ABC en Galicia conmemora cunha mostra en Fonseca os seus 20 anos de existencia

Baixo o título ‘ABC, 20 anos en Galicia; Galicia, 112 anos en ABC’, o Colexio de Fonseca alberga ata 3 de maio unha mostra coa que a delegación do diario en Galicia quere conmemorar as súas dúas décadas de vida. Á inauguración asistiron o reitor da USC, Juan Viaño; o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez; subdirector de ABC, José Ramón Alonso; e o alcalde de Santiago, Agustín Hernández. A mostra recolle e recorda o acontecer importante en Galicia para este xornal centenario. Para o reitor da USC “nos axuda a recuperar a memoria colectiva que nunca debemos perder” e a ter en conta que a liberdade de información “é un dos bens máis prezados que temos”. Son cen paneis que recuperan imaxes, portadas e páxinas que ilustran a Galicia retratada por ABC nos seus 112 anos de historia. Especial relevancia ten a sección ‘Galegos ilustres’, que recolle o paso polas páxinas de ABC de figuras como Julio Camba, Wenceslao Fernández Flórez, Sofía Casanova, Camilo José Cela ou Gonzalo Torrente Ballester.

A exposición pode visitarse de luns a sábado de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00 horas.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 17.04.2015.