Pasar al contenido principal

Crimes, bioloxía molecular e a matemática do voto na sesión NerdNite deste martes

Crimes, bioloxía molecular e a matemática do voto na sesión NerdNite deste martes
Crimes, bioloxía molecular e a matemática do voto na sesión NerdNite deste martes

Tres novas e orixinais propostas volverán á cafetaría do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) noutra sesión máis das NerdNites SCQ que, organizadas pola Universidade de Santiago, conxugan ciencia e diversión en distintos locais de ocio da cidade. Nesta ocasión, as charlas darán comezo ás 21.30 horas co biólogo molecular Jorge Del Oro que se presenta con ‘Búscate a vida. Resolución de problemas complexos por transferencia interdisciplinar’. Seguiralle o profesor de Dereito Penal e Criminoloxía da USC Santiago Brage, que leva unha charla titulada ‘Érase unha vez? ¡un crime!’.

Rematará a sesión co investigador Ramón y Cajal do Departamento de Estatística e Investigación Operativa da USC Julio González Díaz, que falará de ‘Matemáticas entremetidas: Xogando co teu voto’.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 16.03.2015.