Pasar al contenido principal

O coloquio ‘Mulleres no século XXI’ conmemora este mércores o Día Internacional da Muller Traballadora na Casa do Saber

A USC conmemora a celebración do Día Internacional da Muller Traballadora coa celebración do coloquio ‘Mulleres no século XXI’, un foro aberto organizado pola Vicerreitoría de Coordinación do campus de Lugo xunto coa Oficina de Igualdade de Xénero da USC que se desenvolverá este mércores, a partir das 20.00 horas, no auditorio da Casa do Saber de Lugo.

A vicerreitora de Servizos Universitarios do campus de Lugo, Carme Silva Domínguez, será a encargada de guiar este coloquio, no que tamén intervirán como relatoras Bibí Bouza, presidenta do CV Emevé Lugo; Antonia Mª Iglesias Martínez, secretaria da asociación de empresarios do centro histórico de Lugo Lugo Monumental, e Teresa González Piñeiroá, profesora no IES Dionisio Gamallo Fierros e concelleira do Concello de Ribadeo.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 17.03.2015.