Pasar al contenido principal

O Consello Social financiará proxectos orientados a contribuír un mellor coñecemento, interconexión ou participación da sociedade na Universidade

O Consello Social ten a súa sede na Casa da Concha (r/ da Conga)
O Consello Social ten a súa sede na Casa da Concha (r/ da Conga)
O Consello Social financiará proxectos orientados a contribuír un mellor coñecemento, interconexión ou participación da sociedade na Universidade

O Consello Social da USC achegará financiamento a aqueles proxectos ou actividades promovidos por profesorado, estudantado ou persoal de administración e servizos orientados a contribuír a un mellor coñecemento, interconexión ou participación da sociedade na Universidade, así como beneficiar á institución cun retorno dos resultados acadados. Este é o obxectivo dunha convocatoria que financiará o importe total ou parcial da actividade ou proxecto ata un máximo de 25.000 euros. As solicitudes poderán presentarse no Consello Social tendo ata as 14.00 horas do próximo 31 de marzo. Deberán conter, nun máximo de 10 folios, os datos identificativos da persoa responsable do proxecto, unha xustificación da necesidade de financiamento do proxecto ou actividade, un informe da actividade a desenvolver e o seu custe total e a contía solicitada ao Consello Social. Para acadar máis información, está dispoñible a convocatoria na web do Consello Social.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 03.05.2022.