Pasar al contenido principal

O equipo galego colecta dúas medallas na fase nacional da Olimpíada Matemática Española

Gonzalo Cao e Miguel Cidrás, a ambos lados, xunto con Felipe Gago e Covadonga Rodríguez-Moldes
Gonzalo Cao e Miguel Cidrás, a ambos lados, xunto con Felipe Gago e Covadonga Rodríguez-Moldes

O equipo galego que participou na fase nacional da LI Olimpíada Matemática Española acadou dúas medallas na competición celebrada recentemente en Badaxoz. Gonzalo Cao Labora acadou unha medalla de ouro e Miguel Cidrás Senra outra de bronce. Deste xeito, Gonzalo Cao formará parte do equipo olímpico que representará a España na Internacional Mathematical Olympiad que o vindeiro mes de xullo se vai celebrar en Chian Mai (Tailandia). Na competición correspondente á fase nacional, os integrantes do equipo galego estiveron acompañados polo profesor da Facultade de Matemáticas Felipe Gago e por Covadonga Rodríguez-Moldes, profesora de matemáticas no instituto de Ensino Secundario de Mugardos e colaboradora do comité organizador compostelán.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 25.03.2015.