Pasar al contenido principal

Un grupo de profesionais europeos de orientación profesional visitou a Área de Orientación Laboral e Emprego da USC

Un grupo de profesionais europeos da orientación profesional visitou este venres os seus colegas da Área de Orientación Laboral e Emprego da USC na Casa Jimena e Elisa Fernández de la Vega. O encontro enmárcase dentro do Proxecto de estudos Academia denominado ‘A orientación académica e profesional no sistema educativo en Galicia. Transición á vida activa e laboral’. Este proxecto comunitario, coordinado desde a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa da Xunta de Galicia, vai dirixido a responsables europeos de orientación profesional para dar a coñecer os servizos que neste ámbito existen nos distintos niveis do sistema educativo e de ensino. O grupo, composto por especialistas de Alemaña, Francia, Grecia, Italia e Suecia, asistiu na USC a unha charla sobre os servizos de información e orientación profesional no ámbito universitario a cargo dunha das orientadoras laborais da Universidade.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 27.03.2015.