Pasar al contenido principal

Sinatura de convenio para clarificar o grao de afectación do decaemento dos bosques de ameneiro nas cuncas hidrográficas Miño-Sil e Limia

O reitor da Universidade de Santiago, Juan Viaño, e o presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, Francisco Marín, asinarán o xoves 25 un convenio de colaboración para clarificar o grao de afectación da dolencia que causa o decaemento dos bosques de ameneiro na vexetación das cuncas hidrográficas Miño-Sil e Limia. O acto terá lugar ás 10.30 horas no Salón Reitoral do Colexio de San Xerome. Será un equipo do Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural da USC (Ibader) dirixido por Pablo Ramil quen valore as posibles alternativas destinadas a favorecer a recuperación desta vexetación de ribeira nos tramos fluviais con maior incidencia desta afección, coa finalidade de manter ou mellorar o estado de conservación das masas de auga.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 24.06.2015.