Pasar al contenido principal

A USC recoñece este martes o esforzo dos mellores estudantes de Galicia nas probas de selectividade deste ano

O Auditorio de Galicia acollerá este martes 30 ás 18.00 horas o acto de recoñecemento aos estudantes de Bacharelato que acadaron unha puntuación definitiva de 9 ou superior na parte xeral das Probas de Acceso á Universidade na convocatoria de xuño de 2015. Son un total de 517 estudantes –205 son homes é 312 mulleres–, que asistirán acompañados dos seus familiares e de representantes dos 175 centros nos que cursaron o Bacharelato. Por provincias, 210 son da Coruña, 180 de Pontevedra, 71 de Lugo e 56 de Ourense. O acto estará presidido polo reitor da USC, Juan Viaño, e nel intervirán o alumno Diego Mojón Álvarez do IES Carlos Casares de Vigo, que obtivo a maior cualificación (9,926) entre todos os homenaxeados; a profesora Mónica Mariño Callejo, directora do IES Alfredo Brañas de Carballo; e o alcalde do Concello de Santiago, Martiño Noriega Sánchez.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 29.06.2015.