Pasar al contenido principal

A agricultura ecolóxica centra unha xornada monográfica na Estación Científica do Courel

A inscrición neste foro, que se desenvolverá o 4 de xullo, é de balde e permanece aberta

A USC celebrará o vindeiro 4 de xullo unha xornada de iniciación á agricultura ecolóxica na Estación Científica do Courel, onde se desenvolverán ao longo de toda a xornada diversos relatorios e obradoiros relacionados coa produción ecolóxica, comercialización, identificación e control de pragas, manexo de solos ou, entre outros, conservación de produtos frescos.

Os profesores da USC Belén Díaz Hernández e Xan Neira Seijo abrirán o programa da xornada cunha sesión de aproximación á produción ecolóxica, trala que se desenvolverán outros relatorios sobre laboreo e mantemento de solos, fertilización e compostaxe. A asociación e rotación de cultivos, regulamento da comercialización de produtos ecolóxicos, tratamentos fitosanitarios e elaboración de xurro de estrugas constitúen outros dos temas que se abordarán no marco desta xornada monográfica sobre agricultura ecolóxica e cuxa inscrición é de balde e aínda permanece aberta. As persoas interesadas en asistir a esta xornada poden formalizar a súa matrícula a través dos números de teléfono 982 821 901, 648 051 928 e 600 942 418, ou a través dos enderezos de correo electrónico ro_rodriguezlopez [at] hotmail.com (ro_rodriguezlopez[at]hotmail[dot]com) e antonio.rigueiro [at] usc.es (antonio[dot]rigueiro[at]usc[dot]es).

Los contenidos de esta página se actualizaron el 25.06.2015.