Pasar al contenido principal

Xornada práctica de manexo de GPS en abril

Tras os dous anteriores cursos de GPS, fundamentalmente teóricos, a Fundación USC Deportiva convoca para o mes de abril unha xornada práctica de GPS que consistirá nun paseo matinal o día 12 polo monte Pedroso na que se practicarán os usos máis habituais desa tecnoloxía. O curso, cun custo de 25 euros e unha duración total de 4 horas, estará impartido polo técnico de sendeiros da Federación Española de Montaña e Escalada Javier Aradas Mariñas. Trataranse aspectos como a creación de tracks e waypoints, diferentes tipos de navegación, alarmas de alonxamento e proximidade, busca dun xeocaché ou un simulacro de localización de persoa accidentada.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 02.03.2015.