Pasar al contenido principal

O Quinteto Ricercata ofrece este martes un concerto de música de cámara no auditorio da Casa do Saber de Lugo

Compoñentes do Quinteto Ricercata
Compoñentes do Quinteto Ricercata
A actuación, durante a que interpretarán pezas de sete compositores, comeza ás 20.00 horas e a entrada é libre e de balde ata completar o aforo

O Quinteto Ricercata, integrado por alumnos da Escola Superior de Música Reina Sofía, ofrecerá este martes, a partir das 20.00 horas, no auditorio da Casa do Saber de Lugo, un concerto de música de cámara durante o que interpretarán pezas de sete compositores.

Os compoñentes deste quinteto de música de vento nacido na Escola Superior de Música Reina Sofía baixo o pulo dos profesores Hansjörg Schellenberger, Radovan Vlatković e Klaus Thunemann e formado por alumnos das súas respectivas cátedras de instrumento, son Lope Morales (frauta), Carlos Quiñonero (óboe), Saulo José Guerra (clarinete), María Rosario Martínez (fagot) e Pablo Fernández (trompa). O concerto, organizado en colaboración coa Asociación de Intérpretes e Executantes (AIE) a través do programa AIEnRuta-Clásicos, é o terceiro dos incluídos no ciclo Músicas a carón da Mosqueira 2015, programado no marco do convenio Lugo Cultural, promovido pola USC en colaboración coa Deputación Provincial e o Concello de Lugo. O programa que interpretará o Quinteto Ricercata en Lugo permitirá ao público asistente viaxar por distintos períodos do século XX a través de sete pezas compostas por outros tantos autores. De feito, a obra ‘Three Shanties para quinteto de ventos op.4’, de Malcom Arnold abrirá unha función que logo terá continuidade con ‘Kleine Kammermusik para quinteto de ventos núm. 2 op. 24, de Paulo Hindemith; ‘Trois pièces brèves’, de Jacques Ibert, e ‘Música estival para quinteto de ventos op.31’ , de Samuel Barber. ‘Seis bagatelas para quinteto de ventos’, de György Ligety; ‘Aires tropicais para quinteto de ventos’, de Paquito D’Rivera, e ‘Danza de fuego’, de ‘El amor brujo’, cuxa autoría corresponde a Manuel de Falla, completan o programa musical deste concerto.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 02.03.2015.