Pasar al contenido principal

Charlas de orientación laboral este mes de marzo

A Universidade, a través da Área de Orientación Laboral e Emprego, da vicerreitora de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social, organiza neste mes de marzo nos campus de Lugo e de Compostela charlas de orientación laboral, dirixidas a estudantes de últimos cursos e titulados recentes.

As sesións programadas no campus de Lugo desenvolveranse os días 17 e 18 de marzo, en horario de 11.00 a 13.00 horas, na Aula Universia da Biblioteca Intercentros. Na primeira das charlas, que estará centrada en orientación laboral e busca de emprego, abordarase a situación do mercado de traballo e o desenvolvemento da carreira profesional, así como os métodos de busca de emprego e de prácticas ou a elaboración de modelos de currículo e cartas de presentación. Achegarase tamén información sobre práctica profesionais para estudantes e titulados, bolsas, MOOCs, formación, emprego... Os procesos de selección serán o eixo temática da segunda das sesións programadas no campus de Lugo. O perfil universitario que demandan as empresas, as distintas modalidades de entrevistas de traballo e as dinámicas de grupo serán outras das cuestións tratadas nesta xornada, que do mesmo xeito que a do primeiro día tamén rematará cun exercicio práctico. As persoas interesadas en participar nas charlas de orientación laboral programadas no campus de Lugo poden formalizar a súa inscrición a través do enderezo de correo electrónico emprego.lugo [at] usc.es (emprego[dot]lugo[at]usc[dot]es). Santiago As xornadas de orientación laboral organizadas en Santiago de Compostela comezarán o día 18 cunha sesión dedicada á preparación dun currículo eficaz, ofrecendo claves para elaboralo en función dos intereses e cómo optimizar a información para conseguir unha maior visivilización. Achegaranse ademais diferentes recursos para elaborar un currículo 2.0. A seguinte charla, ‘Programas de prácticas para a iniciación profesional’, terá lugar o mércores 25 e nela daranse a coñecer os principais programas de prácticas dirixidos a estudantes e titulados universitarios. Durante esta sesión se informará sobre algunhas das convocatorias que anualmente publican diferentes organismos tanto no ámbito nacional como internacional.

As persoas interesadas en asistir a estas actividades gratuítas, a celebrar de 10:00 a 12:00 horas na Casa Jimena e Elisa Fernández de la Vega, deberán inscribirse no web da área organizadora.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 10.03.2015.