Pasar al contenido principal

En Física estudan a influencia dos ríos atmosféricos na meteoroloxía de Galicia

Mostra dun río atmosférico chegando ás costas de Galicia procedente do Golfo de México e representación das precipitacións extremas acumuladas en 24 horas na Península Ibérica.
Mostra dun río atmosférico chegando ás costas de Galicia procedente do Golfo de México e representación das precipitacións extremas acumuladas en 24 horas na Península Ibérica.
As novas propostas de investigadores do grupo de Física Non Lineal permitirán mellorar as alertas meteorolóxicas sobre Galicia

Son masas de vapor de auga contidas na atmosfera, de varios quilómetros de longo e uns poucos centos de quilómetros de ancho, e que viaxan polo atlántico norte conectando as latitudes tropicais coa costa atlántica europea. Esta é unha hipotética definición dos ríos atmosféricos (RA), estruturas naturais de grande importancia para a climatoloxía xa que pola gran cantidade de humidade que transportan poden asociarse a precipitacións importantes. O equipo dos investigadores do Grupo de Física Non Lineal Vicente Pérez Muñuzuri e Gonzalo Míguez Macho, nun artigo publicado na revista Chaos , propoñen unha forma novidosa de tratar os ríos atmosféricos e mostran como a propia estrutura dos RA así como a súa forma filamentosa tan característica poden explicarse mediante a descrición matemática das Estruturas Lagrangianas Coherentes, presentes na propia dinámica do vento e que se encargan de conter e transportar o vapor de auga. Estas estruturas permiten definir patróns de comportamento e serven como unha especie de andamiaxe temporal arredor do que un río atmosférico pode crecer e alongarse. Os investigadores explican que as novas propostas que propoñen permitirán mellorar a definición existentes sobre os RA e por extensión “os sistemas de predición e alerta meteorolóxica reducindo danos materiais e o risco para as vidas das persoas durante os eventos de precipitación extrema”. Na actualidade, os investigadores traballan na descrición cuantitativa deste ríos de xeito que se poida establecer cun marxe mínimo de erro o seu impacto. Mellora do sistema de alertas Vicente Pérez Muñuzuri e Gonzalo Míguez Macho colaboran dende hai un ano con MeteoGalicia na creación dun sistema de detección e predición de ríos atmosféricos que permita mellorar a calidade das alertas meteorolóxicas sobre Galicia. Este sistema atópase actualmente en fase de probas e forma parte dun proxecto financiado polo Ministerio de Economía e Competitividade. Como explican os investigadores, o servizo meteorolóxico galego recibe puntualmente as predicións da chegada de ríos atmosféricos ás costas detectados dende os sistemas da Universidade. Na actualidade, iniciáronse conversas con outras axencias meteorolóxicas nacionais e portuguesas para presentarlles o produto. O novo artigo dos investigadores da USC xa foi citado en Sciencie Daily, American Institute of Physics y Physics World, reconociendo la forma novedosa de tratar estos sistemas.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 16.06.2015.