Pasar al contenido principal

Presentación do libro La balneoterapia: del empirismo a la evidencia científica

O Salón Reitoral do Colexio de San Xerome acolle este xoves 18 a presentación do libro La balneoterapia: del empirismo a la evidencia científica. La balneoterapia como tratamiento coadyuvante en los procesos tumorales, editado pola Cátedra de Hidroloxía Médica USC-Balnearios de Galicia. No acto, que presidirá o reitor Juan Viaño ás 11.30 horas, intervirán o xefe do Servizo de Oncoloxía do CHUS e autor do prólogo, Rafael López López; o profesor da USC Manuel Freire Garabal e coordinador da obra; o decano da facultade de Medicina e director da Cátedra, Juan Gestal Otero; e a directora da Axencia de Turismo de Galicia, Nava Castro Domínguez.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 17.06.2015.