Pasar al contenido principal

A última NerdNite do curso homenaxea a mente marabillosa de Nash

A última NerdNite do curso homenaxea a mente marabillosa de Nash
A última NerdNite do curso homenaxea a mente marabillosa de Nash

Cun percorrido fotográfico polo paso por Santiago en 1997 do Premio Nobel John Nash –r ecentemente finado nun accidente de tráfico– comezará o catedrático de Electromagnetismo da USC Jorge Mira a última NerdNite do curso este xoves 18. A partir das 21.30 horas no Centro Galego de Arte Contemporánea o profesor Mira, responsable do programa ConCiencia que trouxo a Compostela ao prestixioso científico, mostrará con fotografías as diversas actividades nas que participou Nash acompañado da súa familia. Seguiralle o investigador Ramón y Cajal do Departamento de Estatística e Investigación Operativa da USC Xulio González Díaz coa charla ‘Xogando con John Nash’, en alusión á achega que o Premio Nobel fixo á Teoría de Xogos ao descubrir o chamado equilibrio de Nash. Por último intervirá o investigador Ramón y Cajal do Departamento de Xeometría e Topoloxía da USC José Carlos Díaz Ramos con ‘Nash o mergullador’.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 17.06.2015.