Pasar al contenido principal

Acto de graduación da promoción 2011-2015 de Relacións Laborais e Recursos Humanos

A promoción 2011-2015 de Relacións Laborais e Recursos Humanos celebrará este sábado 13 o seu acto de graduación nunha sesión ás 17.00 horas no Auditorio Abanca (r/ Preguntoiro, 23) que presidirá o vicerreitor de Internacionalización, Carlos Salgado López. Os profesores e padriños da promoción, Mario Lado Campelo e Yolanda Maneiro Vázquez, abrirán o acto cunha intervención á que seguirá Alejandro Pérez Otero en representación do Colexio Oficial de Graduados Sociais da Coruña e Ourense. As palabras de Lorena Viaño García en representación da promoción precederán á entrega do premio Javier Marañón, que na edición deste ano recaeu en Andrea Campañó, e á quenda de Sara Carreira López, igualmente integrante da promoción. O decano do centro, Juan José Ares Fernández, a entrega de diplomas e bandas conemorativas e a proxección dun vídeo alusivo pecharán o acto.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 12.06.2015.