Pasar al contenido principal

Alumnado do Máster en Sociedade da Información realiza prácticas no Concello de Camariñas

Grazas a un convenio asinado recentemente pola Universidade de Santiago, o alumnado do Máster en Sociedade da Información pode desenvolver as prácticas no Concello de Camariñas. É o caso da estudante Tania Carreira Rial, que en abril se incorporou ao departamento de Desenvolvemento Local do concello coruñés para traballar na coordinación e planificación do web e das redes sociais do consistorio e coas súas plataformas de contidos dixitais. En concreto, participa no deseño, xestión de contidos, organización e difusión estratéxica de información mutimedia de novos produtos turísticos. Tania Carreira é graduada en Turismo pola Universidade da Coruña e autora da web especializada en Turismo na Costa da Morte http://costadamortegalicia.com/. Actualmente desenvolve a súa tese de Máster na USC.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 11.06.2015.