Pasar al contenido principal

Descontos en cursos de vela lixeira para os membros da USC

O Servizo de Deportes da USC mantén un acordo co Club Náutico Deportivo Barraña de Escarabote (Boiro) para ofrecer á comunidade universitaria descontos nos cursos de vela que organiza en verán. As persoas interesadas poden apuntarse nalgún dos 20 cursos básicos de 20 horas que se desenvolverán do 29 de xuño ao 29 de agosto. Haberá 18 cursos semanais (de luns a venres de 10.00 a 14.00 ou de 16.00 a 20.00 horas) e dous mensuais (os sábados de xullo de 15.00 a 20.00 e agosto de 16.00 a 20.00 horas). Para poder acollerse aos beneficios do acordo é necesario pertencer á comunidade universitaria e presentar a Tarxeta Universitaria de Identificación. Para mñáis información: cndb [at] cndb.es (cndb[at]cndb[dot]es).

Los contenidos de esta página se actualizaron el 19.06.2015.