Pasar al contenido principal

A xestión e a conservación da biodiversidade das zonas húmidas centran unhas xornadas promovidas polo Ibader

A inscrición neste foro, encadrado no proxecto Life+Tremedal e que se desenvolverá o 10 e 11 de xuño, está aberta no enderezo de correo electrónico xestioneventos@usc.es

A xestión e a conservación das zonas húmidas e da súa biodiversidade centrarán a temática dunhas xornadas promovidas polo Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural (Ibader) da USC no marco do proxecto europeo Life+Tremedal que se desenvolverán os días 10 e 11 de xuño, en quenda de tarde, de 16.00 a 20.00 horas, no compostelán auditorio da Fundación Empresa-Universidade Galega (Feuga).

O obxectivo destas xornadas, cuxa inscrición é gratuíta para todas as persoas interesadas, que poden formalizar a súa participación a través do enderezo de correo electrónico xestioneventos [at] usc.es (xestioneventos[at]usc[dot]es), pasa por dar a coñecer a importancia das zonas húmidas na conservación da biodiversidade. O estado actual deste tipo de hábitats, así como a presentación de accións concretas de conservación dirixidas a manter o seu valor ecolóxico serán outras das cuestións abordadas nas distintas sesións programadas nestas xornadas, na que intervirán como relatores diferentes investigadores das universidades de Galicia, xestores de espazos naturais e outros expertos en conservación e xestión de zonas húmidas. As persoas interesadas en participar nestas xornadas formativas e de divulgación especialmente orientadas á comunidade universitaria, así como a persoal técnico das administracións públicas, representantes de organizacións non gobernamentais e calquera outra persoa interesada nesta temática, poden obter máis información a través do número de teléfono 881 816 329 ou na páxina web www.ibader.org.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 25.05.2015.