Pasar al contenido principal

Estudantes e docentes do máster de Enxeñaría da Madeira da USC amplían formación en empresas de Italia e Austria

Estudantes e docentes do máster en Enxeñaría da Madeira Estrutural da USC, diante dunha construción de madeira en Italia
Estudantes e docentes do máster en Enxeñaría da Madeira Estrutural da USC, diante dunha construción de madeira en Italia

Estudantes e docentes da sexta edición do máster en Enxeñaría da Madeira Estrutural da USC, un posgrao organizado pola plataforma tecnolóxica Pemade en colaboración con Confemadera Galicia, visitaron varias industrias europeas de referencia no sector para afondar no coñecemento de produtos madeireiros. As persoas que na actualidade están a completar este máster tiveron así a oportunidade de participar en distintas sesións formativas en Italia e Austria, onde visitaron empresas como Rothoblaas ou Stora Enso.

A expedición europea do máster en Enxeñaría da Madeira Estrutural da USC comezou en Salorno (Italia), na sede de Rothoblaas, onde estudantes e docentes deste posgrao participaron en sesións formativas nas que se analizaron conceptos básicos de construción con madeira, medidas de seguridade na construción, carpintaría tradicional con emprego de maquinaria manual e formación en unións. Logo destas clases, a expedición universitaria visitou a casa con certificación Passivhaus e o centro tecnolóxico e de investigación CNR-IVALSA. A madeira contralaminada (CLT) foi a gran protagonista durante a estadía deste grupo en Austria, onde a directora de la Plataforma de Construción urbana de Stora Enso, Julia Ahvenainen, e o catedrático da USC e director deste posgrao, Manuel Guaita, impartiron unha sesión teórica sobre este material. A xornada formativa completouse cunha visita guiada pola fábrica de Stora Enso, na que os alumnos descubriron o proceso e toda a tecnoloxía empregada na fabricación do CLT. A expedición da USC tamén aproveitou a súa estadía en Austria para visitar edificacións de madeira con distintos usos, tanto residencial, como comercial, industrial ou público. Asemade, graas á colaboración recibida do estudo de arquitectura Nussmüller de Graz, a delegación universitaria puido coñecer as prestacións da madeira na emblemática ponte cuberta Punbrugge ou a moderna Pyramidenkogel, a torre de observación máis alta do mundo que está contruída integramente en madeira. Master único en España: 62 profesores e 9 universidades O máster en Enxeñaría da Madeira Estrutural da USC é un posgrao único en España polas súas características e polos seus contidos formativos. Daquela, cómpre dicir que o cadro docente deste máster conta con 62 profesores de perfil académico, investigador e profesional que proceden das universidades de Santiago de Compostela, Politécnica de Madrid, Vigo, Valladolid, A Coruña, Oviedo e Estremadura. O máster inclúe tamén no seu cadro docente profesorado internacional das universidades de Campiñas (Brasil) e Trento (Italia). Respecto dos contidos incluídos neste programa de posgrao, o alumnado matriculado afonda en temas como a produción da madeira, silvicultura e xestión forestal sostible, propiedades tecnolóxicas da madeira, así como a súa clasificación e caracterización. Tamén se abordan neste máster su clasificado y caracterización. Cálculo de estruturas, aforro enerxético ou bioconstrución son outros dos contidos incluídos nun programa de formación especializada que tamén ofrece prácticas de laboratorio para o alumnado, visitas a obras singulares e un proxecto final de carreira. Unha vez superado o máster, as persoas que o superen poden inscribirse no rexistro de Especialistas en Madeira Estrutural, unha canle que lles permite poñerse en contacto con empresas.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 25.05.2015.