O CiTIUS ofrece 4 bolsas de prácticas de iniciación a investigación
Estudantes de grao en Enxeñaría Informática ou de Telecomunicacións, Física, Matemáticas ou disciplinas afíns, cunha nota media de expediente igual ou superior a 8 e que teñan finalizado o terceiro curso ou 140 créditos da titulacións. Estes son os requisitos que deberán cumprir aquelas persoas interesadas en aspirar á convocatoria de 4 bolsas de verán que promove o Centro singular de Investigación en Tecnoloxías da Información da Universidade de Santiago (CiTIUS). É unha convocatoria que busca atraer a estudantes de alto nivel interesados/as en realizar prácticas formativas de iniciación á investigación. Os/as seleccionados integraranse nun proxecto de investigación dun dos programas científicos do centro e participación activamente nas actividades científicas do CiTIUS. As prácticas terán unha duración dun mes e desenvolveranse preferentemente durante o mes de xullo de 2015. O alumnado recibirá unha bolsa de 700 euros e unha axuda para gastos de viaxe para os que residan fóra de Santiago. A presentación das solicitudes realizarase por correo electrónico no enderezo citius.idi [at] usc.es (citius[dot]idi[at]usc[dot]es) indicando no asunto ‘BECAS DE VERANO’ antes do xoves 11 ás 23.59 horas. Ademais do formulario da convocatoria, será preciso achegar o copia do expediente académico do grao ou título equivalente na que consten as cualificacións obtidas e a nota media ata a data, así como currículo e copia da documentación xustificativa dos méritos alegados. Para calquera aclaración, as persoas interesadas poderán dirixirse a citius.idi [at] usc.es (citius[dot]idi[at]usc[dot]es) ou aos teléfonos 881.816.410 ou 881.816.403.