Pasar al contenido principal

Presentación do programa de prácticas externas do alumnado de Farmacia nas cooperativas COFAGA e COFANO

O programa de prácticas externas do alumnado de Farmacia nas cooperativas farmacéuticas COFAGA e COFANA presentarase este martes 9 nun acto no que participarán o vicerreitor Vicerreitor de Oferta Docente e Innovación Educativa, Roberto López López, e a decana da Facultade de Farmacia, Isabel Sández, por parte da USC e os presidentes de Cooperativa Farmacéutica Galega (COFAGA), Miguel Reviejo Ares e de Farmacéutica do Noroeste, Sociedade Cooperativa Galega (COFANO), Manuel Muradas Otero. A sesión celebrarase no Salón Reitoral do Colexio de San Xerome a partir das 12.00 horas. Estas prácticas externas forman parte do acordo de colaboración en accións formativas Aula de Farmacia-USC-COFAGA-COFANO e permitirán a formación práctica do alumnado de grao e licenciatura da USC no ámbito da distribución farmacéutica.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 08.06.2015.