Pasar al contenido principal

Ensemble Sinkro pecha este xoves o ciclo Músicas a carón da Mosqueira 2015 con 'Memoria sonora' na Casa do Saber

Ensemble Sinkro
Ensemble Sinkro
O concerto comezará ás 20.00 horas e a entrada é libre e de balde ata completar o aforo

A formación vasca Ensemble Sinkro, un quinteto que aposta pola integración de sons e imaxes nas súas composicións, pechará este xoves, a partir das 20.00 horas, no auditorio da Casa do Saber, o ciclo Músicas a carón da Mosqueira e2015, coa presentación do seu último traballo ‘Memoria sonora’.

Este quinteto vasco, integrado por Maddi Arana, violín; Inmanol Martínez Hervias, viola; Nuria Nieto, violoncello; Javi Alonso, percusión, e Javier Sagastume, electrónica, está especializado en proxectos multidisciplinarios no ámbito das novas tecnoloxías aplicadas á creación musical. Trátase do grupo residente do Bernaola Festival, onde se promove a creación e difusión de novas obras, co obxectivo de incorporalas ao repertorio contemporáneo.

O concerto, que comezará ás 20.00 horas, é de entrada libre e gratuíta, do mesmo xeito que todas as actividades organizadas ao abeiro do convenio Lugo Cultural, un programa que conta con financiamento da USC, Vicepresidencia Primeira da Deputación Provincial de Lugo e Concello de Lugo.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 25.11.2015.