Pasar al contenido principal

A AVTE da USC buscará na Agrobiotech Innovación potenciais licenciatarios de nova propiedade industrial

A Área de Valorización, Transferencia e Emprendemento (AVTE) da USC vai participar cun stand na feira Agrobiotech Innovación que, organizada pola Axencia Galega de Innovación (GAIN), terá lugar este xoves 26 e venres 27 no Parque Tecnolóxico de Galicia (Ourense). Asiste tamén a Aula Produtos Lácteos, centro integrado no Instituto de Investigacións e Análise Alimentaria da USC.

Nesta feira danse cita empresas, administración autonómica, clusters e centros tecnolóxicos máis relevantes dos sectores da biotecnoloxía, agroalimentación e biomasa co obxectivo, entre outros, de coñecer novos produtos que poidan comercializar e xerar sinerxías positivas de negocio.

A AVTE é o servizo encargado da xestión do proceso de transferencia de resultados de investigación, que inclúe a identificación de resultados con potencial comercial, a súa protección mediante patentes ou outras figuras xurídicas, a negociación e establecemento de acordos de licenza e a creación de spin-off. A súa misión é conseguir que os resultados de investigación da USC teñan impacto na sociedade a través de su incorporación en procesos, produtos ou servizos. Os seus máis de 20 anos de traballo contribuíron a que a universidade compostelá figure entre as dez españolas con mellores indicadores de transferencia e innovación.

As técnicas da AVTE Susana Torrente e Montse Camiña serán as responsables no stand de dar difusión ás tecnoloxías protexidas nestas áreas así como para establecer contactos con empresas que poidan ser potenciais licenciatarios de nova propiedade industrial que se xere pola USC no futuro.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 24.11.2015.