Pasar al contenido principal

Concerto de piano da intérprete Yichen Wu, actualmente alumna da USC

Concerto de piano da intérprete Yichen Wu, actualmente alumna da USC
Concerto de piano da intérprete Yichen Wu, actualmente alumna da USC

A pianista e alumna da USC Yichen Wu ofrecerá este venres 8 un concerto de piano con obras de Paul de Senneville, Olivier Toussaint, Tekla Bądarzewska-Baranowska, Beethoven, Debussy, Mozart, Chen Gang e He Zhanhao. O recital será ás 13.00 horas no Paraninfo da Universidade. Yichen Wu estudou piano entre 1999 e 2006 no Conservatorio Central da Música en Beijing (China). Desde 2007 asiste ás clases de teoría da Música impartidas por Zhang Yuzhen, profesora titulada de Música Indiana na Facultade de Música da Universidade Normal de Pekín. Estudante de Filoloxía Hispánica desde 2011 na Universidade Normal de Pekín, desde 2014 cursa Ciencias Políticas da USC e actualmente e, ademais, alumna de música dos profesores Carlos Villanueva e Laura Touriñán.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 07.05.2015.