Publicados os resultados provisionais das eleccións sindicais da USC

A USC celebrou este mércores as eleccións de representantes sindicais do persoal docente e investigador e do de administración e servizos a Xuntas de Persoal, así como para os respectivos comités de empresa de Santiago e Lugo no caso do persoal laboral. Tanto os resultados provisionais como as candidaturas presentadas polas distintas organizacións sindicais están dispoñibles na web.