Pasar al contenido principal

A solidariedade, nunha mostra didáctica do artista Siro López

A solidariedade, nunha mostra didáctica do artista Siro López
A solidariedade, nunha mostra didáctica do artista Siro López

Os dereitos humanos centran a exposición ‘Arte e solidariedade’ do polifacético artista Siro López que o vindeiro xoves 5 se inaugurará ás 12.00 horas no Colexio de Fonseca organizada por Manos Unidas coa colaboración da Universidade de Santiago de Compostela.

Na mostra, que ademais da súa calidade artística ten un marcado carácter didáctico e educativo, o autor utiliza diversidade de técnicas e materiais como lapis, bolígrafo, graffiti, aerógrafo ou colaxe. Catalogado no realismo conceptual, nas súas obras mestura a pintura coa instalación e ensamblaxe de materiais de refugallo recollidos en múltiples contextos.

‘Arte e Solidaridade’ permanecerá aberta ao público ata o 25 de novembro de luns a sábado en horario de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.30 horas. Ademais, haberá visitas guiadas e propostas didácticas para centros educativos de primaria, secundaria e bacharelato.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 30.10.2015.