Pasar al contenido principal

A Fundación USC Deportiva organiza un curso de psicomotricidade e estimulación para persoas maiores

A Fundación USC Deportiva organiza un curso de psicomotricidade e estimulación para persoas maiores
A Fundación USC Deportiva organiza un curso de psicomotricidade e estimulación para persoas maiores

A Fundación USC Deportiva abriu a inscrición do curso de Psicomotricidade e estimulación para persoas maiores que organiza xunto con Aventi Gestión Deportiva 360 e que se celebrará en Compostela a comezos de 2016.

Para facilitar que as persoas maiores poidan desenvolver as súas capacidades e fomentar a súa autonomía é necesario promover procesos orientados e personalizados dende un enfoque multidisplinar. Con esta filosofía, os promotores do curso propoñen un programa cuxo obxectivo é formar multidisciplinarmente a profesionais de diferentes sectores que teñan que planificar, implementar, xestionar e avaliar actividades físicas adaptadas a persoas maiores a partir da identificación das súas necesidades e a mellora dos seus estilos de vida.

O curso divídese en tres grandes bloques, saúde e avellentamento activo, psicomotricidade e actividades físico-recreativas nas persoas maiores e planificación e recursos, que impartirán diferentes profesionais con grande experiencia docente e na práctica da atención a persoas maiores. A carga lectiva total ascende a 56 horas presenciais a repartir entre os meses de febreiro, marzo e abril de 2016. Contémplanse diversos descontos por pronto pago así como para diferentes sectores profesionais e para estudantes.

Todas as persoas interesadas deberán formalizar a súa inscrición a través da web da Fundación USC Deportiva, onde tamén se pode ampliar información sobre este a outras actividades.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 13.11.2015.