Sinatura da renovación do convenio para o CITT do campus de Lugo na sede de Caixa Rural Galega
O reitor da USC, Juan Viaño, asinará este venres, a partir das 13.00 horas, a renovación do convenio para o mantemento do Centro de Innovación e Transferencia de Tecnoloxía (CITT) do campus de Lugo, no que tamén participan Caixa Rural Galega, Deputación Provincial de Lugo e a Confederación de Empresarios de Lugo (CEL).
O acto de sinatura desenvolverase a partir das 13.00 horas na sede de Caixa Rural Galega, sita na Rúa Montero Ríos da capital luguesa. No acto de sinatura e presentación dos resultados do balance do CITT relativo ao último ano intervirán, ademais do reitor da USC, o presidente en funcións de Caixa Rural Galega, Manuel Varela; a deputada provincial María Loureiro e o secretario xeral da CEL, Jaime López.