Pasar al contenido principal

Representación de ‘Don Juan Tenorio’ no cemiterio San Froilán cargo de actores da Aula de Teatro da USC e Espazo Artístico 10

Cartaz da representación teatral
Cartaz da representación teatral
A posta en escena desta peza, dirixida e adaptada por Paloma Lugilde e coa que se busca manter a tradición da festividade de Todos os Santos, comezará ás 20.00 horas

Actores do obradoiro de arte dramática da Aula de Teatro da USC no campus de Lugo e do Espazo Artístico 10 representarán este martes 17 de novembro fragmentos dramatizados da obra ‘Don Juan Tenorio’ no cemiterio municipal San Froilán da capital luguesa.

A posta en escena desta peza dramatizada, adaptada e dirixida por Paloma Lugilde, terá lugar, a partir das 20.00 horas, no corredor principal do cemiterio e na parte exterior da capela. A obra terá unha duración aproximada de 20 minutos e o público interesado pode recoller as entradas no propio cemiterio ata unha hora antes da función, ou nas oficinas do edificio administrativo do Concello de Lugo, emprazadas no número 197 da Ronda da Muralla. Esta iniciativa coral da Aula de Teatro da USC no campus de Lugo e do Espazo Artístico 10, na que se agarda a intervención de máis de 30 actores e actrices, pretende dar continuidade á vella tradición de levar representacións teatrais aos cemiterios co gallo da festividade de Todos os Santos.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 16.11.2015.