Pasar al contenido principal

A Universidade Nacional do Litoral homenaxea o profesor José Manuel Domínguez Castiñeiras

José Manuel Domínguez Castiñeiras, primeiro pola esquerda, en presenza do decano e da profesora Alicia Costamagna
José Manuel Domínguez Castiñeiras, primeiro pola esquerda, en presenza do decano e da profesora Alicia Costamagna

O profesor de Ciencias da Educación José Manuel Domínguez Castiñeiras recibiu unha homenaxe na Universidade Nacional do Litoral (Arxentina) en recoñecemento á súa colaboración no desenvolvemento do máster que esta universidade desenvolve no ámbito da didáctica das ciencias experimentais.

O decano da Facultade de Bioquímica e Ciencias Biolóxicas arxentina, Javier Lottersberger, entregou ao docente da USC unha placa conmemorativa nunha sesión na que agradeceu o apoio “dun colaborador de excelencia e relevancia” como é o Departamento de Didáctica das Ciencias Experimentais da USC” e nomeadamente do profesor Domínguez Castiñeiras, de quen loou “a súa calidade profesional así como persoa”.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 20.11.2015.