Pasar al contenido principal

Un grupo da USC participa nun proxecto europeo para facer fronte á discriminación, o racismo e a violencia no deporte

Un grupo da USC participa nun proxecto europeo para facer fronte á discriminación, o racismo e a violencia no deporte
Un grupo da USC participa nun proxecto europeo para facer fronte á discriminación, o racismo e a violencia no deporte

Membros do grupo de investigación Stellae da USC participan no Proxecto IRIS (Innovative learning resources to foster equal participation in grassroots sports, dealing with discrimination, racism and violence incidents) enmarcado no Programa ERASMUS+ e que ten como finalidade mellorar a comprensión da discriminación, o racismo e a violencia no deporte. O grupo persegue ademais comprender os principios de código de ética do deporte, ofrecer coñecementos prácticos acerca da igualdade de oportunidades e promover medidas e prácticas para previr a discriminación, o racismo e a violencia nese eido. Ademais, trata de proporcionar a capacitación de profesorado e dos monitores e monitoras deportivos para o manexo das emocións dos nenos e nenas asociadas coa participación deportiva. Para conseguir estes retos o proxecto propón desenvolver propostas de formación do profesorado e de adestradores deportivos en módulos en liña; libros de cómic para nenos e nenas entre 6 e 11 anos e videoxogos para os de 11 a 15 anos. Xunto á USC participan en IRIS o Centro Rexional de Formación Profesional e Aprendizaxe Permanente-RCVTLLL; o Rexional Center of Vocational Training and Lifelong Learning (Grecia); a Oltalom Sport Association (Hungría); e as Universidades de Shumen (Bulgaria), Jyväskylä (Finlandia) e Hellenic Open (Grecia). Hai unhas semanas tivo lugar en Varna (Bulgaria) a segunda reunión do proxecto, na que se presentou un informe sobre o estado das manifestacións de violencia e discriminación no deporte de base na escola e nos clubs deportivos realizado a partir das achegas de cada país participante no proxecto.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 05.10.2015.