Pasar al contenido principal

A USC colabora co partido da selección española feminina de balonmán deste mércores en Santiago

A USC colabora co partido da selección española feminina de balonmán deste mércores en Santiago
A USC colabora co partido da selección española feminina de balonmán deste mércores en Santiago
O reitor recibiu ás integrantes da selección española de balonmán que este mércores se enfronta a Austria nun partido clasificatorio para o Campionato de Europa 2016

O reitor Juan Viaño recibiu na Reitoría compostelá as xogadores da selección española de balonmán que este mércores disputan en Compostela un partido clasificatorio para o Campionato de Europa 2016. O reitor agradeceu a presenza das xogadoras e corpo técnico do equipo a quen tamén transmitiu “a nosa admiración e felicitación polo voso traballo e esforzo”. O reitor lembrou o vínculo entre este equipo e a institución universitaria na medida en que este última caracterízase por impulsar a formación en valores e “neste ámbito, o deporte cumpre un papel importante”.

Ademais do corpo técnico da selección e dunha representación da Federación Española de Balonmán, na recepción tamén participou por parte da USC a vicerreitora de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social, Dolores Álvarez.

A USC é unha das entidades colaboradoras do partido clasificatorio para o Campionato de Europa 2016 que enfrontará as seleccións femininas de balonmán de España e Austria este mércores 7 ás 20.45 no Multiusos Fontes do Sar. Os/as usuarios/as de actividades deportivas do Campus compostelán poderán acudir gratuitamente a esta cita para o que xa pode pasar a recoller os convites na Piscina Universitaria durante o horario de apertura de mañá e tarde. Os do Campus de Lugo poderán facelo o propio mércores 7 de 9.00 a 15.00 horas na Oficina do Servizo de Deportes.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 06.10.2015.