Pasar al contenido principal

As universidades galegas e as consellarías de Sanidade e de Educación asinan o convenio para a colaboración na docencia clínica do grao en Medicina da USC

As universidades da Coruña, Vigo e Santiago e as consellarías de Sanidade e de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria asinarán este venres 9 o convenio que regula a colaboración na docencia clínica do grao en Medicina da USC.

A sinatura protocolaria do documento celebrarase no Salón Nobre do Pazo de Raxoi ás 13.00 horas baixo a presidencia do titular da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo coa presenza dos reitores Juan Viaño Rey, Xosé Luis Armesto Barbeito e Salustiano Mato de la Iglesia, e dos conselleiros Jesús Vázquez Almuiña e Román Rodríguez González.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 08.10.2015.