A USC e Banco Santander renovan o seu acordo de colaboración institucional
O reitor Juan Viaño e o conselleiro delegado de Banco Santander, José Antonio Álvarez Álvarez, asinará este mércores 14 o convenio de colaboración que renova a colaboración que a institución académica e a entidade bancaria manteñen de xeito ininterrompido dende 1999, a través de Santander Universidades. A sinatura protocolaria celebrarase nunha sesión ás 10.15 horas no Salón Reitoral do Colexio de San Xerome.
O acordo, que amplía os ámbitos de colaboración entre ambas partes, inclúe a cooperación no apoio aos programas de xestión e captación de talento, incluíndo programas de mobilidade ou accións de divulgación científica; apoio ao emprendemento e a programas de innovación docente, con especial atención ás novas tecnoloxías; apoio á administración electrónica ou a promoción internacional da USC.
O documento a asinar tamén contempla colaboración tecnolóxica-operativa, fundamentalmente no relativo ao desenvolvemento da tarxeta intelixente universitaria. Por este acordo, a entidade bancaria achegará á USC 1,8 millóns de euros anuais por un período de catro anos.