Pasar al contenido principal

Representantes dun cento de centros galegos de ensino medio perfilan na USC accións para o seu alumnado de último curso

Equipos directivos e de orientación dun cento de centros de ensino medio de Galicia reuniranse este luns 26 con membros da USC para tratar cuestións de importancia para o alumnado que cursa o derradeiro ano de ensino secundario. A xuntanza comezará ás 10.30 horas no Salón Nobre do Colexio de Fonseca organizada polo Programa ‘A Ponte entre o Ensino Medio e a USC.

O acto presidirao o reitor da USC, Juan Viaño, que estará acompañado polo o concelleiro de Educación e Cidadanía de Santiago, Manuel Dios. Intervirán ademais, entre outros, o vicerreitor de Comunicación, Xosé Pereira, que será quen informe dos dobres graos que empezaron a impartirse este curso; o delegado do reitor para o Ensino Medio, Luis Hervella; ou o responsable do Programa A Ponte no Campus de Lugo, Javier López González.

Como en anos anteriores, nesa xuntanza tentarase establecer o calendario de actos, visitas aos centros e charlas temáticas, ademais de ofrecer información sobre os programas de bolsas e axudas ao estudantado, as titulacións e as probas de acceso á Universidade.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 23.10.2015.