Pasar al contenido principal

Últimas semanas para inscribirse no máster en liña Sociedad da Información e Desenvolvemento Urbano-Rexional

Coa oferta da oitava edición do máster en liña ‘Sociedade da Información e Desenvolvemento Urbano-Rexional’ a USC pon en valor a importancia das TIC na sociedade actual, contexto no que estas tecnoloxías se converten en ferramentas estratéxicas para a sustentabilidade e a inclusión social e con capacidade para o desenvolvemento dun territorio dende o punto de vista social, cultura ou económico.

Este posgrao, como explican os seus promotores, ten unha eminente orientación práctica e permitirá ao alumnado obter unha formación cualificada para o deseño e xestión avanzada de páxinas web, produción de recursos multimedia de vídeo, son e fotografía dixital así como o contacto co mundo laboral a través da posibilidade de realizar prácticas en diversas empresas, institucións e grupos de investigación.

O profesorado que impartirá os distintos módulos conta cunha ampla experiencia no ámbito empresarial e no da investigación, estando integrado a maior parte en tres grupos de investigación da USC, os de Sociedade, tecnoloxía e territorio (gis-t); Novos medios e Sistemas intelixentes e análise de modelización económica. O calendario docente comezará o próximo 23 de novembro, mentres que o prazo de inscrición remata o 10 do mesmo mes. As persoas interesadas poden acadar máis información na web do grupo Gis-t.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 22.10.2015.